Xacobeo – O Camiño das Estrelas

Preténdese facer un videoclip musical estilo “Light Balance” narrando unha historia con tecnoloxía EL wire (electro luminiscencia) para por en valor o valor cultural do Camiño de Santiago e o turismo rural galego, empregando un medio atractivo para os mais novos e con facilidade de difusión a través das redes sociais.

O Camiño de Santiago é o camiño das estrelas, onde pódense encontrar meigas, mortos e bruxas, e moitos valores da cultura galega. Neste videoclip/coreografía serán os cazafantasmas (Ghostbusters Costa Oeste) quen topará coa Santa Compaña.

A música e espectáculo serán dirixidos por David Alonso (2º Premio na categoría de música en Xuventude Crea 2018).

Farase unha convocatoria pública a modo de casting entre os mozos de Ourense/Galicia e traballarase cos mozos no deseño dos traxes, fomentando a colaboración entre os recentes Clubs de Ciencia que está a impulsar a Xunta de Galicia nos institutos, a universidade e as aulas de teatro.

Mostraremos, ademais, como o Camiño de Santiago é un modo óptimo de turismo saudable entre a mocidade.

Dentro das actividades do “Camiño das Estrelas” está o concurso para deseñar a coreografía.