Iniciativa Xove – Camiño das Estrelas

 

No percorrer do Camiño interior o peregrino coñecerá os seus medos mais íntimos. Os acompañantes do Camiño serán os de sempre: a Santa Compaña, o demo, a meiga, a morte, algún fantasma despistado… Este vídeo presenta como a modo de videoxogo os enimigos e amigos aos que se terá que enfrentar o peregrino.

 

“Team Makers Kids” é un programa educativo integrado no ’Camiño das Estrelas’ que traballa coa mocidade de Ourense nun proxecto multidisciplinar e atractivo, que lles axude a os novos a coñecer as suas fortalezas e potencialas: Tecnoloxía e Arte con dimensión Empresarial seguindo o modelo Lean StartUp.

O obxectivo é deseñar o vestiario e decoración dun videoclip musical estilo ’Light Balance’ (PMV). Aprenderás a traballar nun proxecto empresarial con diversas ferramentas: fotografía, vídeo, electrónica, programación, interpretación, etc. ti escollerás cales para poder aportar o mellor de tí ao equipo.

Quén pode participar?

Moz@s: 8-18 anos
Luns-xoves: 18:30-20:00h

Ónde?

Rúa Ramón Cabanillas 10, entresuelo 5 – 32004 – Ourense

Inscricións/Información

Tl.: 609884450
info@vieiro.es
www.vieiro.es

Ficha de inscrición
Autorización Paterna