Nesta actividade aprenderánse as nocións básicas de programación orientada a obxectos. Pero non é unha actividade de informática, senon que vai máis aló.

Ferramentas como App Inventor, Scratch e Arduino facilitan que os mozos poidan deseñar e compartir as súas creacións (culturais, artísticas e tecnolóxicas); crezan sen a preocupación de cometer erros; proben cousas novas e cando as cousas fallan, adáptense e as corrixan. Cremos que estas novas tecnoloxías son como os cubos de madeira e a pintura de dedos da gardería, que permiten deseñar, crear e expresar o que queremos facer, re-creando as nosas ilusións.

Pensamos que un proxecto no que se aprendan estas ferramentas é unha maneira de fomentar a iniciativa e capacidade creativa dos mozos ourensáns, unha oportunidade para poder traballar nun xogo-proxecto interdisciplinar de dimensións empresariais.

No desenvolvemento dun xogo informático coma este entran en xogo moitos campos: deseño gráfico, personaxes, guión, marketing… ten unha carga moi importante de programación pero tamén cultural e recreativa: é un proxecto onde se mesturan cultura, ciencia, arte, é paixón pola nosa cidade.